lunes, 28 de enero de 2008

Comentarios a noticia Faro 26-01-08 (8)

Churras con merinas
Escrito por Mario, o 28-01-2008 09:36

A ver que coido que aquí estamos mezclando churras con merinas.

Primeiramente teño que mostrarme sorprendido de que un concellal se preste a entrar nun debate deste calado. Coido que a súa valentía é merecedora de eloxios.

Referente ao comentario de Anxo, o de facer o seu galpó ilegal. Anxo, se fas un galpón ilegal o fas baixo a túa responsabilidade, se o teu veciño ou eu mesmo te denuncio logo non veñas chorar de que hai moitas construccións ilegais no concello, porque se facemos o que dis ti, isto é o conto de nunca acabar. Fai o galpón pero logo non te lamentes e non te poñas como vítima. Como está pasando en moitos casos. Porque se ti sabes dalgunha irrgularidade a túa denuncia creeme que ten outro cariz totalmente distinto á denuncia que poda presentar a administración. E a túa che podo asegurar que vai para adiante con todas as consecuencias. E coido que coñecemos exemplos dabondo.

Respecto do que comenta o Juan A. Gonzalez sobre que a modificación das normas e legalización. Vou por un exemplo gráfico e persoal que coido que basta para entender. Eu teño unha pequena parcela de 800m2. En chan urbano. Cunha ordenanza que me permite construir en 800m2. Pero non podo construir porque aplicando os retranqueos a parcela queda con menos de 800 m2 como esixe a lei. Se fago unha casa sen licencia, arríscome a que o veciño ou calquera que sinta un agravio comparativo me denuncie, e teña que carrexar cas consecuencias. Como son unha persoa honrada non fixen esa casa, para vivir nela. non para especular. O novo PXOM que pretendía o Celta de Vigo, perdón, Alfredo Rodriguez, Avelino e Antonio,... esa parcela pasaba a ser equipación dotacional. É dicir que o cambio de lei, non faría que no suposto de que fixese unha casa arriscándome, esa casa pasase a ser legal.
O cambio da lei perxudicábame a simple vista. Outro tema é a compensación que faga o concello no perxuizo que causa a algúns veciños. O anterior goberno non estaba disposto a darme o prezo de m2 de urbano. Estaba disposto a darme o valor catastral, que era casi 200 veces menor.

Ahí é onde ten que estar o equilibrio na nova normativa urbanistica, se oa meu veciño lle beneficia e a min me perxudica , teñen que darme algo en contraprestación.
Agora, se eu fago unha casa ilegal, é porque son perfectamente consciente do que esou facendo. Non serei eu o que saia á rúa a defender unha casa ilegal, por moi humilde que sexa a familia. Defendereina cando esa casa pague todos os impostos que temos que pagar todos os veciños para facer unha casa.
E por suposto a unha constructura. Non serei eu que defenda que derruben os aparta hoteis de Patos. Unha porque a maioría son segundas vivendas, e outra porque son ilegais.
Pero, que facemos coas 40 casas ilegai en Chandebrito? Non quixera ser eu concellal de urbanismo para ter esa responsabilidade Anxo.


Fonte: Valmiñor.info

No hay comentarios: