lunes, 28 de enero de 2008

Comentarios a noticia Faro 26-01-08 (15)

RESPOSTAS
Escrito por Juan A. González, o 28-01-2008 20:26

Uff. Non imaxinaba tanta resposta. Acabo de chegar a casa despois de convencer, ou intentalo, a algúns veciños da necesidade de ordenar o litoral e do derrubo dos antiguos vestiarios (ruinosos) no Campo de Fútbol de Lourido e, aparte de que acabarán botándome da casa, estou bastante cansado.

Mañán imos a Santiago a reunirnos co Director Xeral de Urbanismo e o mércores temos Pleno. Todo isto é para explicar que non estou "escaqueando" do debate. Prometro que o xoves respostarei todo o que poida e saiba.

Eu tamén estou aprendendo. Soio insistir NIN UN CHANCHULLO, NIN VANTEXES PARA NINGUÉN.



Fuente: Valmiñor.info

No hay comentarios: