miércoles, 30 de enero de 2008

Comentarios a noticia Faro 26-01-08 (26)

Por Carmen

-Juan A. González escribiu:
  • A tramitación da modificación de rasantes e baixo cubertas que estivo a exposición pública o último mes e ao que houbo bastantes alegacións é unha medida que NON PRETENDE LEGALIZAR a particulares con nomes e apelidos e vostede creo que o sabe perfectamente.
  • O informe que realizaron os técnicos municipáis xa tivo o visto bo da Xunta de Galicia e, tal como dixen, agora estudaranse as alegacións e si teñen razón se lles dará pero ASEGÚROLLE que trátase de ir ordenando este municipio,
  • ../..
  • Nin eu ni ninguén do equipo de goberno ( a lo menos do Grupo Socialista polo que poño as miñas mans no fogo) non temos nin presións, nin intereses de ningún tipo e o único que nos move é o interés xeral.
  • É moi posible que nos equivoquemos, e o faremos moitas veces, pero non me parece xusto que poña sombras de dúbida sobre as nosas intencións. Cando vostede queira falamos e revisamos esa norma punto por punto e si sabe que lle beneficia a alguén "a la carta" pídolle que no lo faga saber.
  • Moitaxs gracias por opinar porque aínda que non coincida co seu análise estou convencido que vostede tamén está a pensar no interese xaral e non no seu particular.

Contemplando esta simulación
(http://sau4nigran.blogspot.com/2008/01/aplicacin-modificacin-17.html) do que significa a aplicación da modificación 17 das NNSS, quedo perplexa. Se penso que quen defende este cambio é a mesma persoa que di que pretende "ir ordenando este municipio", xa quedo parva.

De verdade o concelleiro pode pensar que está a facer o mellor para o municipio?

Cal é o seu modelo para Nigrán? Benidorm?


Fonte: Valmino.info

No hay comentarios: