lunes, 28 de enero de 2008

Comentarios a noticia Faro 26-01-08 (11)

eu non o creo
Escrito por Pinto, o 28-01-2008 17:03

Ou estades a falar por falar ou non sei a que ven este balbordo.

Unha modificación da lei non quere dicir que quen a incumplise e teña sentenza poda librarse dela. Xa que en sí mesma non ten caracter retroactivo.

Por exemplo, cando ao ex-alcalde de Baiona Carlos de la Peña, tivo que tirar aquel ático ilegal. Carlos de la Peña dicía que era un absurdo porque a lei vixente no momento do derrubo permitíalle esa altura e polo tanto podería volver a construila. Pero o concello estaba advertido con multas cohercitivas si non facía efecto esa sentenza de derrubo.

E así foi, que ese ático ilegal foi derrubado sen opción de alegación ningunha. Porque no momento no que foi construido era ilegal. E coido que non hai máis que dicir neste senso.

O que é ilegal é ilegal no momento no que é xulgado. Se non isto sería a casa de "tócame Roque" e todos poderíamos alegar sempre que non derrubasen unha construcción se ao mellor no futuro PXOM pasa a ser legal, é dicir dentro de 20 anos.

Se ten unha sentenza firme de derrubo, e o denunciante solicita a execución da sentenza, esa edificación vai abaixo, agora e no 2050.

Ao mellor, en vez de estar a cargar tintas neste foro deberíamso denunciar a casa de Avelino, por exemplo... que está edificada en dominio público, na franxa de protección de costas. Alguén o fixo? Entón de que vos queixades, Ahí a tedes, en pé. E os delitos de costas non prescriben.


Fonte: Valmiñor.info

No hay comentarios: