Mostrando entradas con la etiqueta BNG Nigrán. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta BNG Nigrán. Mostrar todas las entradas

lunes, 4 de febrero de 2008

Ao BNG de Nigrán

O Concello de Nigrán, despois de anos de políticas catastróficas onde o lema era "todo vale", cambiou de goberno para unha coalición PSOE-BNG.

Este goberno quere aprobar unha modificación (nº 17) das Normas Subsidiarias de Planeamento. Estes cambios supoñen alteracións nas RASANTES e BAIXO CUBERTAS das construcións de todo o municipio. Existen máis que dúbidas sobre a súa necesidade, e sospeitas de que se trata de beneficiar e regularizar construcións ilegais.

Como o BNG é corresponsable do goberno de Nigrán, gostaría coñecer cal é a actitude do BNG -nomeadamente do seu primeiro representante no Concello de Nigrán, David Giraldez- a este respecto.

Cal vai ser o sentido do seu voto.

Gracias


Enviado á asemblea local do BNG de Nigrán

sábado, 2 de febrero de 2008

Comentarios a noticia Faro 26-01-08 (35)

Por Mario

Nacho, imos agardar antes de sacar conclusión algunha.
Temos que reconocer que é o único que tivo valor de contestar neste foro e supoño que terá traballo como para estar pendente dun foro.

Agardemos entón.

Por certo, trasalado o chamamento ao resto de partidos. Ou que pasa aquí? so goberna un concellal?

Gostaríame saber que votou o BNG na comisión de urbanismo.


Fonte: Valmiñor.info

viernes, 1 de febrero de 2008

Lo que se dijo (3)

David Giraldez David Giráldez:

Elaboraremos a redacción dun novo PXOU coa máxima transparencia e participación veciñal.

Vese o BNG e David Giráldez moi optimista diante das vindeiras eleccións municipais?

Estou convencido que nestas eleccións o BNG incrementará considerablemente a súa representación municipal sen descartar ser a lista mais votada e conseguir a alcaldía. En Nigrán estamos acostumados a que non haxa maiorías absolutas e se formen gobernos de coalición, ademais, a diferenza entre os grupos mais e menos votados nas anteriores eleccións foi pequena, co que calquera grupo que consiga cinco ou incluso concelleiros podería ostentar á alcaldía. Debido á nefasta xestión do goberno do PP-PINN creemos que vai haber unha virada electoral e que o voto ao BNG será o voto útil para conseguirmos ese cambio político que desexan a maioría dos veciños de Nigrán.

Como será a candidatura do BNG e o seu goberno?

O BNG vai presentar a mellor candidatura para Nigrán, renovada respecto ao ano 2003, composta por mulleres e homes coa capacidade, responsabilidade e a honestidade que Nigrán tanto necesita. Será un goberno estable e competente, coas ideas claras, con proxectos de futuro e coa decisión e a determinación política de levalos a cabo.

Que lle ofrece aos veciños e veciñas como alcalde?

Traballo e honradez. Serei un alcalde que gobernarei para todos os veciños e veciñas. Un alcalde dialogante e con sentido común, pero exercendo o cargo con firmeza e decisión, tendo sempre presente que todos os veciños somos iguais e sen distincións e que non pode haber nigraneses de primeira e segunda categoría.

Pode adiantar algunha das liñas do Programa de Goberno do BNG para Nigrán?

As liñas centrais do noso proxecto serán A promoción do emprego, polo que, entre outras cousas, desenvolveremos acertadamente o Parque Empresarial de Porto do Molle. Aproveitar os nosos recursos naturais e paisaxísticos para a promoción do turismo. Nigrán ten que facer unha oferta turística atractiva e non só limitarse á idea de lugar turístico de veraneo de dous meses. Apostar por unha política de vivenda de Promoción Pública acorde coas necesidades reais da poboación.
Os fillos dos nigraneses non deberían verse obrigados a comprar a súa vivenda en concellos limítrofes por ser incapaces de mercar no noso Concello unha vivenda adecuada ás súas posibilidades económicas.
Mellorar as infraestruturas e eficacia dos servizos públicos. Algúns, tan básicos como o saneamento ou a auga, deben chegar a todas as parroquias e barrios. Implicar o Concello na preservación do medio ambiente. Nigrán non pode permitir a destrución da súa costa e dos seus montes a mans dun modelo de desenvolvemento deshumanizado.
Practicar políticas de igualdade para as mulleres, específicas para os mozos, e o benestar social de todos os veciños. En fin, soño cun Concello onde se poda vivir mellor, un Concello democrático, onde a democracia participativa sirva para consensuar as cousas e para acercar a Administración Municipal aos cidadáns.

Cales son os seus compromisos en materia urbanística?

A contratación e redacción dun novo Plan Xeral de Ordenación Urbana, o cal será elaborado coa máxima transparencia e participación veciñal. Debe responder ás necesidades de mellora de calidade de vida de todos os veciños e ao crecemento sustentable e equilibrado de todas as parroquias. Que sexa respectuoso co entorno, pensado para a cidadanía, que contemple dotacións e equipamentos adecuados e que sexa o máis ambicioso posible na reserva de solo para a promoción pública de vivenda.
Respecto ao urbanismo de cada día practicar a transparencia e rigor na xestión urbanística para rematar co amiguismo e o favoritismo sempre presente cando se fala de urbanismo en Nigrán.

Que opinión ten de todo o que aconteceu coa tramitación do PXOM agora retirado?

Foi moi lamentábel. O anterior goberno do PP cos Independentes tramitou un Plan Xeral non pensando nos veciños, senón nos seus amigos e nos grandes promotores inmobiliarios, que nos últimos catro anos se dedicaron a comprar solo rústico. Este solo, no Plan que pretendían aprobar, quedaba moi ben recalificado. Non foron capaces de aprobalo porque os veciños indignados llo impediron e despois se manifestaron masivamente a favor da contratación dun novo Plan libre de toda sospeita de corrupción urbanística. A día de hoxe ese Plan está retirado ata despois das eleccións e está pendente unha denuncia penal da fiscalía contra o alcalde e varios concelleiros do equipo de goberno por tráfico de influencias.
Non sei se finalmente acabarán imputados e xulgados, pero con independencia de como acabe a súa responsabilidade penal, non teño a menor dúbida de que ese Plan fíxose tan só para os grandes promotores inmobiliarios. ¿Ou é que tiveron tanta sorte que compraron 100 boletos (neste caso, poñamos fincas) e lles tocaron os 100?. De ahí a importancia destas eleccións, se teñen maioría os mesmos grupos que pretenderon aprobar o PXOM, aínda que presenten distintas caras, volverán intentar aprobar o mesmo documento facendo tan só pequenas modificacións. No BNG temos as ideas moi claras e se nos corresponde gobernar faremos un novo Plan Xeral para todos os veciños, limpo e libre de sospeitas.

En que medida pode ser positivo o goberno do BNG na Xunta?

Un goberno municipal presidido polo BNG demandar das distintas administracións compromisos para o noso desenvolvemento presentando proxectos interesantes para Nigrán. Sabemos que teremos o compromiso do goberno galego para levar adiante o noso proxecto. O Concello de Nigrán non pode estar en confrontación permanente coa administración autonómica, como fixo o anterior goberno municipal, senón que debe pedir o que lle corresponde desde o diálogo e a cooperación.

Un desexo como alcalde?

Conseguir que todos os veciños e veciñas se sintan orgullosos cun novo Nigrán.


Fonte: web do BNG

Comentarios a noticia Faro 26-01-08 (33)

Por Mario

Non sei onde o lin, coido que no blog do SAU4. Por certo teño que felicitar polo traballo.
din que as competencias de urbanismo son do alcalde e do concellal de urbanismo.
Pero eu non o creo, do mesmo xeito en que a comisión de urbanismo está composta por ambos partidos BNG e PSOE. Ainda que o PSOE teña maioría ou mesmo que o alcalde poda firmas as cousas por decreto.

E isto ven en relación á pregunta de si o BNG voatará a favor en contra ou absteras.
Eu non sei moito cal vai ser a votación do BGN, Pero para min. Absterse é como decir que sí.
Porque non podes estar en contra de algo e logo absterte de votar. Hai que mollarse.
Se está en contra, que vote que non claramente.

E formando parte do goberno, o BNG debería tentar que esa aprobación non se leve adiante de ningun xeito. Porque ao final eles tamén son parte deste goberno e denfende ese interese xeral.

Absterse ou mirar para outro lado, é un erro tan grave como votar a favor.


Fonte: Valmiñor.info

Comentarios a noticia Faro 26-01-08 (31)

Por Luis

Eso, eso, que hable el concelleiro.

Es lo que había prometido para hoy.
----

Es viernes y el concejal escaqueado a pesar de sus promesas de que iba contestar ayer.

¿alguien puede contrastar la decisión del BNG de votar contra la aprobación de la modificación?


Fuente: Valmiñor.info

democracia

jueves, 31 de enero de 2008

Comentarios a noticia Faro 26-01-08 (29)

Por Nacho

  • Pinto escribiu:
  • Nacho, onte no pleno David do BNG explicou a petición do Grupo Popular, o motivo polos que non se podía por en marcha a nova gardería. Un deles foi porque o SAU onde está ubicada a gardería non tiña luz, porque era necesaria a modificación das NNSS para poder darlle suminitro de luz e auga.
  • según tí, que debemos facer? Agardar 4 anos, ou modificar as NNSS para que teñamos ese servizo de gardería municipal?.
  • Respecto ao que comentas, non todo pode estar previsto nun PXOM. É dicir.
  • Imáxinate que dentro de 15 anos, a xunta e o ministerio de sanidade aproban facer un hospital para o baixo miño en Nigrán. Quen dí un hospital di un parque de bombeiros comarcal, ou un conservatorio de música comarcal e unha escola de idiomas oficial. Por por exemplos.
  • Nese novo PXOM non vai a estar previsto nada disto, porque non é real. E chegado o caso, se o necesitamos e existe a posibilidade de facelo. Que facemos? Dicímoslle á xunta. "Agarda ata o seguinte PXOM que agora non podemos". O que se faría sería unha modificación puntual nese novo PXOM.
  • Ou que pensas, que as modificacións puntuais non se van seguir facendo no novo PXOM?
  • Eu non lle vexo un perigo á modificación de normas subsidiarias, se esa modificación é con miras de futuro, e é por un ben xeral.
  • Agora facer unha modificación para modificar os usos do chan para vivenda privada. Ahí xa non estou de acordo, porque as zonas urbanizables son para iso, para esa previsión futura.

Pinto, concordo en boa parte contigo:

1. Non se pode prever TODO nun plan xeral de urbanismo. (Sobre todo se se fai mal, en Nigrán sabemos deso).
2. Non vai quedar un concello sen atención médica, unha gardería ou un parque de bombeiros por un problema "formal".
3. Como ben dis, non debe servir unha "modificación para modificar os usos do chan para vivenda privada".

Mais pregúntome e se realmente podes considerar:

1. Que ten a mesma urxencia modificar unhas normas (ou un PX) para un inmoble de utilidade pública que para cambiar as rasantes dun SAU, que por definición ten unhas características previstas ad-hoc e nun prazo ben recente (non falamos de 15 anos, como sabes).

2. Se esas modificacións efectivamente son por un ben xeral. (Neste foro polo menos ninguén explicou onde está ese argumentado beneficio xeral).

3. Se é necesaria esa mudanza con tanta urxencia como para non esperar ao novo PXOU.

4. Se afectando a unhas obras tan concretas, PARADAS polo propio Concello, esa modiificación superan unha lexitimidade ética mínima.

En fin, gustariame que o Concelleiro explicara -hoxe, como marcou- os seus argumentos (se os ten) e que se confirmara a nova postura do BNG respecto destas NNSS.

Saúdos,


Fonte: Valmiñor.info

Comentarios a noticia Faro 26-01-08 (28)

Por Pinto

  • Nacho escribiu:

  • Pinto falaba que para construir un Centro de saúde non compría esperar polo PXOU, que bastaba con mudar as Normas Subsidiarias.
  • Eu me pregunto se é así como se fai o urbanismo neste país.
  • Imaxino que unha escola, un hospital, un parque... constrúense onde antes se planificou e aprobou que habería dotacións de servizos.
  • Construir un edificio (calquera que sexa o seu uso) onde non estaba previsto, simplemente mudando unhas pequenas normas subsidiarias -que ademais afectan a todo o Concello- pois resulta que logo temos o entorno e o feísmo acostumado.
  • O SAU non se deseñou hai tanto. Definiuse adaptado ao terreo, á situación concreta, definironse viais, alturas, ocupacións máximas de parcelas. Esto é, definíronse as normas de xogo para todos... eu non achego a comprender porqué se teñen que cambiar esas normas. Máis cando se beneficia a que fixo trampas.

Nacho, onte no pleno David do BNG explicou a petición do Grupo Popular, o motivo polos que non se podía por en marcha a nova gardería. Un deles foi porque o SAU onde está ubicada a gardería non tiña luz, porque era necesaria a modificación das NNSS para poder darlle suminitro de luz e auga.
según tí, que debemos facer? Agardar 4 anos, ou modificar as NNSS para que teñamos ese servizo de gardería municipal?.

Respecto ao que comentas, non todo pode estar previsto nun PXOM. É dicir.
Imáxinate que dentro de 15 anos, a xunta e o ministerio de sanidade aproban facer un hospital para o baixo miño en Nigrán. Quen dí un hospital di un parque de bombeiros comarcal, ou un conservatorio de música comarcal e unha escola de idiomas oficial. Por por exemplos.
Nese novo PXOM non vai a estar previsto nada disto, porque non é real. E chegado o caso, se o necesitamos e existe a posibilidade de facelo. Que facemos? Dicímoslle á xunta. "Agarda ata o seguinte PXOM que agora non podemos". O que se faría sería unha modificación puntual nese novo PXOM.

Ou que pensas, que as modificacións puntuais non se van seguir facendo no novo PXOM?
Eu non lle vexo un perigo á modificación de normas subsidiarias, se esa modificación é con miras de futuro, e é por un ben xeral.
Agora facer unha modificación para modificar os usos do chan para vivenda privada. Ahí xa non estou de acordo, porque as zonas urbanizables son para iso, para esa previsión futura.


Fonte: Valminor.info

Comentarios a noticia Faro 26-01-08 (28)

Por Pinto

  • Nacho escribiu:

  • Pinto falaba que para construir un Centro de saúde non compría esperar polo PXOU, que bastaba con mudar as Normas Subsidiarias.
  • Eu me pregunto se é así como se fai o urbanismo neste país.
  • Imaxino que unha escola, un hospital, un parque... constrúense onde antes se planificou e aprobou que habería dotacións de servizos.
  • Construir un edificio (calquera que sexa o seu uso) onde non estaba previsto, simplemente mudando unhas pequenas normas subsidiarias -que ademais afectan a todo o Concello- pois resulta que logo temos o entorno e o feísmo acostumado.
  • O SAU non se deseñou hai tanto. Definiuse adaptado ao terreo, á situación concreta, definironse viais, alturas, ocupacións máximas de parcelas. Esto é, definíronse as normas de xogo para todos... eu non achego a comprender porqué se teñen que cambiar esas normas. Máis cando se beneficia a que fixo trampas.

Nacho, onte no pleno David do BNG explicou a petición do Grupo Popular, o motivo polos que non se podía por en marcha a nova gardería. Un deles foi porque o SAU onde está ubicada a gardería non tiña luz, porque era necesaria a modificación das NNSS para poder darlle suminitro de luz e auga.
según tí, que debemos facer? Agardar 4 anos, ou modificar as NNSS para que teñamos ese servizo de gardería municipal?.

Respecto ao que comentas, non todo pode estar previsto nun PXOM. É dicir.
Imáxinate que dentro de 15 anos, a xunta e o ministerio de sanidade aproban facer un hospital para o baixo miño en Nigrán. Quen dí un hospital di un parque de bombeiros comarcal, ou un conservatorio de música comarcal e unha escola de idiomas oficial. Por por exemplos.
Nese novo PXOM non vai a estar previsto nada disto, porque non é real. E chegado o caso, se o necesitamos e existe a posibilidade de facelo. Que facemos? Dicímoslle á xunta. "Agarda ata o seguinte PXOM que agora non podemos". O que se faría sería unha modificación puntual nese novo PXOM.

Ou que pensas, que as modificacións puntuais non se van seguir facendo no novo PXOM?
Eu non lle vexo un perigo á modificación de normas subsidiarias, se esa modificación é con miras de futuro, e é por un ben xeral.
Agora facer unha modificación para modificar os usos do chan para vivenda privada. Ahí xa non estou de acordo, porque as zonas urbanizables son para iso, para esa previsión futura.


Fonte: Valminor.info

Comentarios a noticia Faro 26-01-08 (27)

Por Mario

O BGN desmarcouse onte no Faro de Vigo de esa aprobación da modificación das Normas Subsidiarias.
non sei se abstendose na votación ou votando en contra.
Sei que PSOE e BNG non opinan o mesmo en moito puntos, pero non é lóxico que os dous partidos chegasen a un consenso e analizasen o problema para ter unha decisión unánime nisto?

Agardo que o BNG tamén faga a mesma lavor que cando estaba na oposición, e se é de sentido común impedir esta legalización se opoñan como o facían antes.

miércoles, 30 de enero de 2008

Comentarios a noticia Faro 26-01-08 (26)

Por Carmen

-Juan A. González escribiu:
  • A tramitación da modificación de rasantes e baixo cubertas que estivo a exposición pública o último mes e ao que houbo bastantes alegacións é unha medida que NON PRETENDE LEGALIZAR a particulares con nomes e apelidos e vostede creo que o sabe perfectamente.
  • O informe que realizaron os técnicos municipáis xa tivo o visto bo da Xunta de Galicia e, tal como dixen, agora estudaranse as alegacións e si teñen razón se lles dará pero ASEGÚROLLE que trátase de ir ordenando este municipio,
  • ../..
  • Nin eu ni ninguén do equipo de goberno ( a lo menos do Grupo Socialista polo que poño as miñas mans no fogo) non temos nin presións, nin intereses de ningún tipo e o único que nos move é o interés xeral.
  • É moi posible que nos equivoquemos, e o faremos moitas veces, pero non me parece xusto que poña sombras de dúbida sobre as nosas intencións. Cando vostede queira falamos e revisamos esa norma punto por punto e si sabe que lle beneficia a alguén "a la carta" pídolle que no lo faga saber.
  • Moitaxs gracias por opinar porque aínda que non coincida co seu análise estou convencido que vostede tamén está a pensar no interese xaral e non no seu particular.

Contemplando esta simulación
(http://sau4nigran.blogspot.com/2008/01/aplicacin-modificacin-17.html) do que significa a aplicación da modificación 17 das NNSS, quedo perplexa. Se penso que quen defende este cambio é a mesma persoa que di que pretende "ir ordenando este municipio", xa quedo parva.

De verdade o concelleiro pode pensar que está a facer o mellor para o municipio?

Cal é o seu modelo para Nigrán? Benidorm?


Fonte: Valmino.info