jueves, 31 de enero de 2008

Comentarios a noticia Faro 26-01-08 (29)

Por Nacho

  • Pinto escribiu:
  • Nacho, onte no pleno David do BNG explicou a petición do Grupo Popular, o motivo polos que non se podía por en marcha a nova gardería. Un deles foi porque o SAU onde está ubicada a gardería non tiña luz, porque era necesaria a modificación das NNSS para poder darlle suminitro de luz e auga.
  • según tí, que debemos facer? Agardar 4 anos, ou modificar as NNSS para que teñamos ese servizo de gardería municipal?.
  • Respecto ao que comentas, non todo pode estar previsto nun PXOM. É dicir.
  • Imáxinate que dentro de 15 anos, a xunta e o ministerio de sanidade aproban facer un hospital para o baixo miño en Nigrán. Quen dí un hospital di un parque de bombeiros comarcal, ou un conservatorio de música comarcal e unha escola de idiomas oficial. Por por exemplos.
  • Nese novo PXOM non vai a estar previsto nada disto, porque non é real. E chegado o caso, se o necesitamos e existe a posibilidade de facelo. Que facemos? Dicímoslle á xunta. "Agarda ata o seguinte PXOM que agora non podemos". O que se faría sería unha modificación puntual nese novo PXOM.
  • Ou que pensas, que as modificacións puntuais non se van seguir facendo no novo PXOM?
  • Eu non lle vexo un perigo á modificación de normas subsidiarias, se esa modificación é con miras de futuro, e é por un ben xeral.
  • Agora facer unha modificación para modificar os usos do chan para vivenda privada. Ahí xa non estou de acordo, porque as zonas urbanizables son para iso, para esa previsión futura.

Pinto, concordo en boa parte contigo:

1. Non se pode prever TODO nun plan xeral de urbanismo. (Sobre todo se se fai mal, en Nigrán sabemos deso).
2. Non vai quedar un concello sen atención médica, unha gardería ou un parque de bombeiros por un problema "formal".
3. Como ben dis, non debe servir unha "modificación para modificar os usos do chan para vivenda privada".

Mais pregúntome e se realmente podes considerar:

1. Que ten a mesma urxencia modificar unhas normas (ou un PX) para un inmoble de utilidade pública que para cambiar as rasantes dun SAU, que por definición ten unhas características previstas ad-hoc e nun prazo ben recente (non falamos de 15 anos, como sabes).

2. Se esas modificacións efectivamente son por un ben xeral. (Neste foro polo menos ninguén explicou onde está ese argumentado beneficio xeral).

3. Se é necesaria esa mudanza con tanta urxencia como para non esperar ao novo PXOU.

4. Se afectando a unhas obras tan concretas, PARADAS polo propio Concello, esa modiificación superan unha lexitimidade ética mínima.

En fin, gustariame que o Concelleiro explicara -hoxe, como marcou- os seus argumentos (se os ten) e que se confirmara a nova postura do BNG respecto destas NNSS.

Saúdos,


Fonte: Valmiñor.info

No hay comentarios: