lunes, 28 de enero de 2008

Comentarios a noticia Faro 26-01-08 (17)

Por Pinto

  • Nerea escribiu:
  • Las Normas Subsidiarias de Planeamiento de Nigrán son de hace15 años, no habiéndose adaptado a ninguna de las leyes urbanísticas y medioambientales estatales y autonómicas posteriores que exigían su completa revisión.
  • Según la Disposición Transitoria Segunda.1.b) de la vigente Ley 9/2002, de 30 de diciembre, de Ordenación Urbanística de Galicia (LOUGA) se estableció un plazo máximo de tres años para efectuar esa adaptación mediante la revisión integral del planeamiento general anterior.
  • Ese plazo acabó el 2 de enero de 2006.
  • Por tanto, no procede incoar nuevas modificaciones puntuales del planeamiento general.
  • Lo contrario es un auténtico “fraude de ley” para evitar su obligada revisión y adaptación a la normativa medioambiental aplicable, mediante el truco de tramitar sucesivas modificaciones puntuales.

Eu non o creo Nerea. Se é certo o que dis media Galicia estaría parada. E vouche por outros exemplos. Que facemos, modificamos as NN. SS para construir un novo centro de saude. Ou agardamos 4 anos máis para ter un novo PXOM? Modificamos as NN.SS para construir a gardería municipal ou agardamos 8 anos a ter un novo PXOM. E digo 8 porque son 4 do goberno anterior máis 4 que poderan en levar a diente este novo PXOM.

As modificacións das NNSS especualtivas son as que se fixeron en Monteferro, en Montelourido, en Praia América, etc... Ou por exemplo no parque empresarial de Porto do Molle, o último que sufriu unha modificación puntual das NNSS para poder ter cabida o enlace da autopista. ou o propio polígono en si mesmo.

As modificacións das NNSS non esgrimen da responsabilidade de que esas normas teñan que cumprir as novas leis medioambientais. Pero tampouco obrigan, e ahí é onde está o papel dos veciños. Como por exemplo no Porto do Molle, onde se collemos a Declaración de Impacto Mediambiental pouco máis que Zona Franca podía facer no río Muiños o que lle dera a real gana, porque non estaban obrigados á nova lei.

Outra cousa é que os veicños seamos esixentes como o somos agora. Neste concello lévanse cometendo tropelías dende que uns camións levaron a area das Dunas de Gaifar xa fai 80 anos. Daquela o venderon como progreso para Nigrán.
E ata que o PXOM non lle levaba as casas e as terras por diante a moitos veciños, non espetamos.

O Sr. Avelino Fernandez foi o home que máis modificacións das NNSS "ad hoc" fixo neste concello, e mal que nos pese foi un home que revalidou varias mairías absolutas. O mal xa está feito.

Outro exemplo de concello que precisa de facer modificacións das NNSS é Gondomar, para impedir a súa paralización. Eu sinceiramente prefiro que se fagan as modificacións, con sentidiño, para poder ter un novo centro de saúde e unha gadería municipal.


Fuente: Valmiñor.info

No hay comentarios: