domingo, 27 de enero de 2008

Comentarios a noticia Faro 26-01-08 (3)

Intencións
Escrito por Nacho, o 27-01-2008 18:30

Sr. Concelleiro:
A honradez e o traballo a prol do municipio dase por descontado nunha persoa con responsabilidades públicas coma no seu caso, polo que as súas elocuentes palabras non son máis que un brindis ao sol se os feitos non as acompañan.

E tristemente, a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento, coa que se poderá modificar a rasante de moitos terreos no Concello non parece que vaia no camiño que predica.

Creo que sen querer no seu primeiro comentario deixa entrever o que se pretende coa dita modificación "legalizar o cúmulo de despropósitos urbanísticos", e así tanto queira velo como se non haberá beneficiados.

Fonte: Valmiñor.info

No hay comentarios: