Escrito por Juan A. González, o 26-01-2008 17:42
Imaxino que será un erro sen intención por parte dos veciños ou pola intoxicación de alguén con intereses no SAU 3 pero NON VAI ABSOLUTAMENTE NINGÚN PUNTO NA ORDEN DO DÍA do Pleno do 30 de xaneiro nin sobre rasantes nin sobre o SAU 3.
O SAU 3 é un cúmulo de despropósitos urbanísticos e o obxectivo do goberno actual é conseguir "legalizalo" da mellor maneira para todos sen absolutamente nada que ocultar. E un grande problema, herdado de nefastas xestións, e o prazo para solucionalo non é inmediato e require moito, moito traballo e algún tempo. Intentaremos resolvelo do mellor dos xeitos en esta lexislatura.
Fuente: valmiñor.info
No hay comentarios:
Publicar un comentario