miércoles, 30 de enero de 2008

Comentarios a noticia Faro 26-01-08 (25)

Por Nacho

Pinto falaba que para construir un Centro de saúde non compría esperar polo PXOU, que bastaba con mudar as Normas Subsidiarias.

Eu me pregunto se é así como se fai o urbanismo neste país.

Imaxino que unha escola, un hospital, un parque... constrúense onde antes se planificou e aprobou que habería dotacións de servizos.

Construir un edificio (calquera que sexa o seu uso) onde non estaba previsto, simplemente mudando unhas pequenas normas subsidiarias -que ademais afectan a todo o Concello- pois resulta que logo temos o entorno e o feísmo acostumado.

O SAU non se deseñou hai tanto. Definiuse adaptado ao terreo, á situación concreta, definironse viais, alturas, ocupacións máximas de parcelas. Esto é, definíronse as normas de xogo para todos... eu non achego a comprender porqué se teñen que cambiar esas normas. Máis cando se beneficia a que fixo trampas.

Fuente: Valmiñor.info

No hay comentarios: