jueves, 31 de enero de 2008

Comentarios a noticia Faro 26-01-08 (28)

Por Pinto

  • Nacho escribiu:

  • Pinto falaba que para construir un Centro de saúde non compría esperar polo PXOU, que bastaba con mudar as Normas Subsidiarias.
  • Eu me pregunto se é así como se fai o urbanismo neste país.
  • Imaxino que unha escola, un hospital, un parque... constrúense onde antes se planificou e aprobou que habería dotacións de servizos.
  • Construir un edificio (calquera que sexa o seu uso) onde non estaba previsto, simplemente mudando unhas pequenas normas subsidiarias -que ademais afectan a todo o Concello- pois resulta que logo temos o entorno e o feísmo acostumado.
  • O SAU non se deseñou hai tanto. Definiuse adaptado ao terreo, á situación concreta, definironse viais, alturas, ocupacións máximas de parcelas. Esto é, definíronse as normas de xogo para todos... eu non achego a comprender porqué se teñen que cambiar esas normas. Máis cando se beneficia a que fixo trampas.

Nacho, onte no pleno David do BNG explicou a petición do Grupo Popular, o motivo polos que non se podía por en marcha a nova gardería. Un deles foi porque o SAU onde está ubicada a gardería non tiña luz, porque era necesaria a modificación das NNSS para poder darlle suminitro de luz e auga.
según tí, que debemos facer? Agardar 4 anos, ou modificar as NNSS para que teñamos ese servizo de gardería municipal?.

Respecto ao que comentas, non todo pode estar previsto nun PXOM. É dicir.
Imáxinate que dentro de 15 anos, a xunta e o ministerio de sanidade aproban facer un hospital para o baixo miño en Nigrán. Quen dí un hospital di un parque de bombeiros comarcal, ou un conservatorio de música comarcal e unha escola de idiomas oficial. Por por exemplos.
Nese novo PXOM non vai a estar previsto nada disto, porque non é real. E chegado o caso, se o necesitamos e existe a posibilidade de facelo. Que facemos? Dicímoslle á xunta. "Agarda ata o seguinte PXOM que agora non podemos". O que se faría sería unha modificación puntual nese novo PXOM.

Ou que pensas, que as modificacións puntuais non se van seguir facendo no novo PXOM?
Eu non lle vexo un perigo á modificación de normas subsidiarias, se esa modificación é con miras de futuro, e é por un ben xeral.
Agora facer unha modificación para modificar os usos do chan para vivenda privada. Ahí xa non estou de acordo, porque as zonas urbanizables son para iso, para esa previsión futura.


Fonte: Valminor.info

No hay comentarios: