domingo, 27 de enero de 2008

Comentarios a noticia Faro 26-01-08 (2)

Resposta
Escrito por Juan A. González, o 27-01-2008 17:47

Juan González, Concelleiro de Urbanismo de Nigrán Creo que está tremendamente equivocado e podemos miralo cando se queira. A tramitación da modificación de rasantes e baixo cubertas que estivo a exposición pública o último mes e ao que houbo bastantes alegacións é unha medida que NON PRETENDE LEGALIZAR a particulares con nomes e apelidos e vostede creo que o sabe perfectamente.

O informe que realizaron os técnicos municipáis xa tivo o visto bo da Xunta de Galicia e, tal como dixen, agora estudaranse as alegacións e si teñen razón se lles dará pero ASEGÚROLLE que trátase de ir ordenando este municipio, cousa farto difícil, aquí todo todo veciño ou veciña sabe máis de urbanismo e de medio ambiente que os técnicos/as que a Xunta, que os expertos/as e así vai a ser moi difícil facer un urbanismo sustentable e igual para todos/as.

Nin eu ni ninguén do equipo de goberno (a lo menos do Grupo Socialista polo que poño as miñas mans no fogo) non temos nin presións, nin intereses de ningún tipo e o único que nos move é o interés xeral. É moi posible que nos equivoquemos, e o faremos moitas veces, pero non me parece xusto que poña sombras de dúbida sobre as nosas intencións. Cando vostede queira falamos e revisamos esa norma punto por punto e si sabe que lle beneficia a alguén "a la carta" pídolle que no lo faga saber.

Moitaxs gracias por opinar porque aínda que non coincida co seu análise estou convencido que vostede tamén está a pensar no interese xaral e non no seu particular.

Fonte: valmiñor.info

No hay comentarios: