martes, 5 de febrero de 2008

Veciños de Nigrán denuncian ante Bruxelas a modificación das normas subsidiarias

Valminor.info, Veciños de Nigrán denuncian

O Concello de Nigrán foi denunciado ante a Unión Europea pola súa recente decisión de tramitar a modificación número 17 das súas Normas Subsidiarias que posibilita a a elevación das rasantes naturais dos terreos, sen o perceptivo Informe de Sostenibilidade Ambiental. Fontes do concello de Nigrán sinalan que a citada modificación foi aprobada incialmente na comisión de urbanismo porque contaba cos informes técnicos favorables tanto municipais como da Xunta.

Os veciños denuncian que dado que o Plano Urbanístico de Nigrán non foi sometido ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica é de obrigada a súa aplicación a calquera modificación que se pretenda realizar nas actuais Normas Subsidiarias, coa elaboración do seu preceptivo "Informe de sostenibilidade ambiental".

Os veciños advirten que as administracións públicas omitiron dito procedemento tal e como se desprende na Resolución de 31 de outubro de 2007 do Director Xeral de Desenvolvemento Sostenible da Consellería de Medio Ambiente da Comunidade Autónoma de Galicia publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 238, de 11 de decembro de 2007 .

Legalización de baixocubertas.

A denuncia fai mención a que esta modificación posibilita a elevación das rasantes naturais dos terreos permitindo a construcción sobre alturas mais elevadas que o ata agora permitido. Ademais, a citadada modificación, tamén pretende cambiar os cómputos das chamadas "bajocubiertas" dándolles o rango de construcións por encima da altura máxima.

Antes de la modificación 17 de las normas subsidiariasDespués de la modificación 17 de las normas subsidiarias Segundo estes veciños, esta modificación afecta negativa e especialmente "as condicions medioambientais e paisaxísticas do Municipio" xa que -de aprobarse dita modificación- as novas construcións poderían ter unhas alturas superiores ás actualmente previstas. E iso sen adaptarse ao entorno en que se sitúan, moitas delas na franxa de 500 metros de afección de costas - formando pantallas disonantes coa paisaxe e carentes de toda estética.

Por outra banda, aseguran que coa pretendida modificación das Normas subsidiarias, preténdese legalizar determinadas edificacións, que coas normas actuais xa foron declaradas ilegais.

Polo este motivo aseguran non comprender que, en contra do establecido nas Normas Comunitarias, Estatais e Autonómicas, a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostenible da Xunta de Galicia considere que non é necesario someter a pretendida modificación nº 17 ao esixido procedemento de avaliación ambiental.

Aseguran que son máis dun centenar as alegaciones presentadas no Concello en contra de devandita modificación. Como vén informando a prensa, moitos veciños opinan que está realizada "á carta" para que determinadas construcións ilegais pasen a ser consideradas legais.

Aprobación inicial
Fontes do concello de Nigrán asegura que ainda non foi aproba a citada modificación e que se atopa en fase de de contestación das alegacións despois da aprobación inicial da comisión de urbanismo. Aseguran que a citada aprobación estaba condicionada polos informes técnicos favorables do concello e a Xunta.

Imaxes recollidas da web http://sau4nigran.blogspot.com/


Fonte: Valminor.info (05/02/2008)

No hay comentarios: