lunes, 4 de febrero de 2008

Ao PSOE Nigrán

Esta é unha copia da mensaxe que enviaches a Rubén Rial Sánchez a través de PSOE Nigrán - Partido Socialista de Nigrán Este é un correo-e de solicitude de información a través de http://www.psoe-nigran.org


O Concello de Nigrán, despois de anos de políticas catastróficas onde o lema era "todo vale", cambiou de goberno para unha coalición PSOE-BNG.

Este goberno quere aprobar unha modificación (nº 17) das Normas Subsidiarias de Planeamento. Estes cambios supoñen alteracións nas RASANTES e BAIXO CUBERTAS das construcións de todo o municipio. Existen máis que dúbidas sobre a súa necesidade, e sospeitas de que se trata de beneficiar e regularizar construcións ilegais.

Como o PSOE é corresponsable do goberno de Nigrán, e concretamente dirixe a política urbanística do Concello, gostaría coñecer cal é o motivo desta modificación das NNSS.

Cal é o beneficio esperado deste polémico cambio de normas.

Gracias

Enviado o 04 de Febreiro de 2008 á:
-Secretaría da Mocidade e Participación Ciudadá, Rubén Rial Sánchez

-Secretaría de Cultura , Educación , Muller e Igualdade, Bibiana Peixoto Iglesias
-Secretaría Xeral , María Casás Pereira
-Secretaría de organización y coordinación, Patricia González Figueroa
da Executiva Local do PSdeG-PSOE de Nigrán.

No hay comentarios: