
A ameaza da construción non se limita as urbanizadoras. Exténdese a outros modelos, como as granxas de rodoballo ou macropiscifatorias establecidas en terrenos que previamente foran declarados de protección por estaren en paraxes de especial beleza paisaxistica, afastados e ás beiras do mar. Aquí comprouse a terra a 1 euro/m2 e incluso a menos, precisamente por ser terreos de Rede Natura, para construir muros, terrazas, canalizacións, pistas etc. que alteran eses peculiares lugares que deberian ter sido mimados pola administración e coidados por seren ecosistemas únicos e sensibles.
Estoume referindo as construcións que representan tres millóns de metros cadrados destinados a instalacións prohibidas, infraestruturas y vertidos ao mar. Así: en Cabo Vilán con mais de 325.000 m², que piden de ampliación, Cabo Touriñán 365000m2 e as apliacións, e Merexo en Muxía, con duas plantas de 400.000 m² y 200.000 m² respectivamente dun lado a outro da península; outra en Carnota, en Corcubión, Oia, Cangas, Cambados, O Grove, Ferrol, Valdoviño, así ate vintiunha plantas que van degradar de maneira irreversible máis de catro millons de metros cadrados do litoral galego especialmente protexido (tomado de Francisco Díaz Sánchez, Salvemos Pontevedra, e ADEGA doc. interna).
Facemos mención especial do caso de Rinlo, concesión dunha explotación de engorde de polbo e rodoballo ao Sr Alvarez Cascos. Despois dunha loita frente as máquinas en todo o verau (2005) a Consellería solicitou un informe e parouse a construción. O informe , fornecido polo SEPRONA ademáis dos que xa aportara ADEGA, permitíu que a xuíza de Lugo dictase suspensión cautelar. Bastou unha pequena modificación no proxecto, que continúa ainda a afectar a Rede Natura (LIC As Catedrais), para que a Conselleria de M.A. dese o seu permiso a nova construción, para a que non se lle vai esixir ao Sr Alvarez Cascos novos permisos de obras, dándoselle todo tipo de facilidades por parte do Concello de Ribadeo.
Ben, mais preguntámonos: quen vai pagar as multas por infraccions á conservación e proteción da Rede Natura, se é que veñen de Europa, como é probable que aconteza?. Quen vai pagar os custos de depuración das augas costeiras, nos seus recibos das augas e lixo?, Quen vai pagar as multa que a C. Europea impón pola contaminación da Ria de Vigo?. Quen vai pagar as perdas en mariscos pesca de baixura e actividades ligadas ao litoral de maneira sustentable?. Quen vai dar traballo as mariscadoras, e mariñeiros, cando teñamos matado as nosas rías?.
A conservación da biodiversidade non é un luxo. É unha necesidade. É un ben socializado, que da de comer a muitas famillias en Galiza. Os beneficios do tixolo proceden, fundamentalmente da especulación dos terrenos, comprados a precios ridículos e vendidos a precios astronómicos. Unha vez que se acaben, finou todo. Detrás non queda mais que ocos de espazos bordeados de paredes.
A construción do litoral, é como un segundo Prestige, como di o meu amigo Suso López, e tantos outros. Pero desta vez non van vir voluntarios nen vai haber solidariedade para nos axudar a limpar o lixo.
Témolo que facer nós e agora.
Ten que ser derogada a disposición que altera a lei de costas de 2002 e permite construir a menos de 20 mt, se o terreno é urbanizable. Ten que ser derogado o Plan Sectorial de Tecnoloxia Alimentaria da Costa Galega (2004, e 2005, López Veiga). Ten que ser respeitada a Rede Natura 2000, con concepto de afectación cero-0.
Ten que ser ampliada a rede Natura e os espacios protexidos na nosa comunidade.
Ten que ser mudado o concepto de protección como traba ao desenvolvimento, polo moderno, actual e real, Rede Natura Motor do Desenvolvimento, con perdurabilidade no tempo.
Adela Figueroa Panisse
Cat. Bioloxia Xeoloxia, Presidenta de ADEGA
Fonte: Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)
No hay comentarios:
Publicar un comentario